Edición Conmemorativa 25 anos.
"Que me queres amor", Premio Torrente Ballester 1995 e Premio Nacional de Narrativa 1996, supuxo para Manuel Rivas a súa consagración definitiva como narrador.
Vintecinco anos despois da publicación deste libro, agora en edición conmemorativa ilustrada por Diego Estebo, segue a descubrir o milagre do mundo no soño dun saxofonista ou na brancura luminosa do leite fresco. Sobre ese territorio en que a realidade linda cos soños, Rivas nos ofrece unha interpretación lírica, dura e delicada á vez, dun país habitado polo tempo e por xentes que reclaman o seu dereito a ter unha historia que contar. Un conxunto de relatos que rescatan a grandeza do pequeno.
Autor: Manuel Rivas
Ilustrador: Diego Estebo
Formato: 17 x 24 cm
Encadernación: Rústica con lapelas
Páxinas: 144
Idioma: Galego