QUÉ HOSTIA DIN OS RUMOROSOS?
QUÉ HOSTIA DIN OS RUMOROSOS?
QUÉ HOSTIA DIN OS RUMOROSOS?
QUÉ HOSTIA DIN OS RUMOROSOS?
QUÉ HOSTIA DIN OS RUMOROSOS?
QUÉ HOSTIA DIN OS RUMOROSOS?
QUÉ HOSTIA DIN OS RUMOROSOS?
QUÉ HOSTIA DIN OS RUMOROSOS?
QUÉ HOSTIA DIN OS RUMOROSOS?
QUÉ HOSTIA DIN OS RUMOROSOS?
QUÉ HOSTIA DIN OS RUMOROSOS?
QUÉ HOSTIA DIN OS RUMOROSOS?

QUÉ HOSTIA DIN OS RUMOROSOS?

Usual price €35,00
Unit price  by 
Tax included. The shipping costs are calculated on the payment screen.

Entre 1976 e 1983, Antón Reixa, Manuel M. Romón e Alberto Avendaño mantiveron viva unha actitude literaria rompedora en Galicia que comezou chamándose Grupo de Resistencia Poética e desembocou no que marcaría as súas vidas: O Grupo de Comunicación Poética Rompente. Publicaban poemas con aquela técnica de impresión coñecida como «vietnamita» e multicopias con clixés. Eran, en doses inexactas, un chisco «beat» e un chisco guerrilleiros.

Avendaño, Reixa e Romón fundaron Rompente Edicións e publicaron «Silabario da turbina» (1978) e «A dama que fala» (1983). En 1979, a serie Tres Tristes Trigues vería a publicación de 3 libros de autor: «As Ladillas do Travesti» (Reixa), «galletas kokoshka non» (Romón9 e «Facer Pulgarcitos Tres» (Avendaño). Logo, reecontraríanse na antoloxía poética «Upalás» (1998).

Facían «performances» e estaban obsesionados coa linguaxe «multimedia». Subíanse a escenarios con músicos como Julian Hernández (antes de que se fundase Siniestro Total), e colaboraban con pintores como Menchu Lamas e Antón Patiño para visualizar a súa expresión poética. Hoxe, uns 40 anos despois, teiman na poesía e volven dirixirse a palabra aínda que seguen falando sós.

Autores: Rompente
Iustracións: Menchu Lamas e Antón PatiñoLimiar: Julián Hernández

Páginas: 288
Idioma: Galego
Formato: 17 x 24 cm
Encuadernación: Tapa branda