Libro dos lugares desenvolve unha aventura literaria en liberdade. Unha viaxe aos lugares imantados, itinerarios dos encontros nunha fusión de xéneros.
Un remuíño de relatos que nos levan á arte, á literatura e á vida. Esculcas de pulsión creativa, pensamento imaxinativo, itinerario do devalo vital. Ensaio, poesía, crónica, narrativa, memoria, soño… Que vén ser o Libro dos lugares?
« Esta obra, ensaio ascensional, vén ser o que Gaston Bachelard chamaría "a transfiguración do peso en luz". Enterrádeme de pé no Libro dos Lugares. » - Manuel Rivas.
« Luzes ofrece nas páxinas de creación unha escolma de faíscas da próxima obra do pintor, poeta e ensaísta senti-pensante Antón Patiño (Monforte, 1957), un libro no que o maxín crea un hábitat feito coa escritabore. Un extraordinario feitizo, un agasallo para a cultura galega e universal. » - Revista Luzes.
Autor: Antón Patiño
Páginas: 590
Idioma: Galego
Formato: 14,5 x 21,5 cm
Encuadernación: Tapa dura