GUILLERMO MONROY
GUILLERMO MONROY
GUILLERMO MONROY
GUILLERMO MONROY
GUILLERMO MONROY
GUILLERMO MONROY
GUILLERMO MONROY
GUILLERMO MONROY
GUILLERMO MONROY

GUILLERMO MONROY

Precio habitual £22.00
Precio unitario  por 
Impuesto incluido. Los gastos de envío se calculan en la pantalla de pagos.

«As portas, as xanelas como umbrais de luminosidade diurna que enchen de cor o ambiente»

Libro/catálogo da exposición «Guillermo Monroy» en SVT Espacio de arte, Vigo (17.11.2022-04.02.2023), comisariada por Ángel Cerviño e coordinada por Luis Sirvent.

«Guillermo Monroy (Vigo, 1954-1982) foi un daqueles artistas novos que, ao iniciarse a década dos oitenta, constituíron o grupo Atlántica, historia viva e núcleo fundacional do movemento que propiciou a máis radical renovación das prácticas artísticas na nosa comunidade, unha historia ante a que Guillermo permanecerá xa eternamente novo, tras o seu prematuro falecemento en 1982, antes de chegar a facer os trinta anos.

Unha vida truncada por un infortunado accidente que nos legou como contrapartida unha produción artística única e irrepetible. Nunha década de intenso traballo e dedicación plena á pintura, Guillermo Monroy desenvolverá un proxecto artístico de inusitada madureza e coherencia que parece desmentir a extrema xuventude do seu artífice. O seu legado está constituído por unha gran cantidade de lenzos e debuxos sobre papel, centenares de bosquexos e apuntamentos; pintura aplicada sobre toda clase de soportes: tea, papel, cartóns e embalaxes atopadas, coma se —sobre todo nos seus últimos anos— un escuro presentimento o empurrase cara a unha infatigable actividade creadora gobernada pola vontade de entregar a súa vida á pintura». — Ángel Cerviño.

Tirada: 200
Autor: Guillermo Monroy
Textos: Ángel Cerviño, Carlos L. Bernárdez, Correa Corredeira, Manolo Figueiras, Jorge Varela
Edición: Ángel Cerviño, Luis Sirvent, Cibrán Rico, Suso Vázquez
Deseño: desescribir
Páxinas: 68
Tamaño: 22 x 28 cm
Idioma: Galego
Impresión: Ófset
Encadernación: Rústica en bolsa con lapelas