As mulleres que debuxou Castelao pertencen fundamentalmente a dous mundo opostos: as aldéás e as finas.
Entre as primeiras, aparecen desde a muller que quería ser home para poder xurar ata as que condenan as rapazas que falan cos señoritos, sen esquecerse daquela vella con paraugas e vestida de loito que simboliza a muller pola cal toleaban os homes. Entre as representantes da segunda clase está a muller a quen lle morreu un canciño que se chamaba Fifí, que non se diferencia moito daqueloutra que se queixa de que un rapaz que sabe moitísimo teña tanto acento galego.
Páxinas : 128
Deseño : Rústica
Dimensións : 210 x 180
Idioma: GALEGO