Nos debuxos de Castelao, os nenos foron sempre tratados cun exquisito coidado formal.
Non tanto polo que representan como polas súas características plásticas, que os converten en materia ideal para o lapis do artista. Os nenos ocupan un lugar sobranceiro na súa obra, son os protagonistas dos seus mellores contos e as figuras centrais dalgúns dos seus debuxos máis afortunados. Pola boca destes rapaces sae non pouca da filosofía coa que están amasadas as Cousas da vida.
Páxinas : 116
Deseño : Rústica
Dimensións : 21 x 18 cm
Idioma: GALEGO