A MAXIA DO COLIBRÍ · Mónica Alonso
A MAXIA DO COLIBRÍ · Mónica Alonso
A MAXIA DO COLIBRÍ · Mónica Alonso
A MAXIA DO COLIBRÍ · Mónica Alonso

A MAXIA DO COLIBRÍ · Mónica Alonso

Precio habitual R$ 130,00
Precio unitario  por 
Impuesto incluido. Los gastos de envío se calculan en la pantalla de pagos.

Mónica Alonso centra a súa primeira mostra individual no MARCO nunha única peza, baixo o título 'A maxia do colibrí. 6 casos desesperados'. Unha obra que naceu en 2015, durante a estadía da artista en México, e que precisou de todo este tempo para madurar, escribirse e reescribirse. Nese ano Alonso presentou en México a obra O colibrí vermello, que está no xerme deste proxecto, vencellado coas historias e rituais máxicos asociados ao colibrí nas culturas precolombinas, e moi en liña co interese da artista sobre as relacións entre ciencia e superstición.

'A maxia do colibrí' reúne seis relatos de seis persoas angustiadas, con medos e obsesións comúns a outros seres humanos, a quen a través dunha médium se lles ofrece a posibilidade de curar os seus males (cada un deles asociado a unha cor) a través da morte dun colibrí. A obra está conformada pola reprodución dos colibrís como obxecto, xunto aos seis textos que relatan cada unha das historias. O conflicto xurde á hora de matar a un ser vivo. E, finalmente, todo pacto ten un prezo.

“Estamos ante as historias de seis persoas desesperadas por diferentes medos: medo ao fracaso como artista; medo á ansiedade; librarse da presenza da morte; medo á fealdade; recuperar o desexo de vivir; librarse da enfermidade do amor. Todas elas tentan curar os seus males coa ciencia pero acaban recorrendo á superstición –neste caso, á maxia do colibrí.

Todas teñen unha cousa en común: unha médium que escoita as súas historias e lles propón cazar un colibrí. A médium conecta co chamán en México, e este último co cazador. As seis persoas desesperadas teñen que decidir se matan ou non o colibrí para curar o seu mal

A obra convida o espectador a que tome a súa propia decisión, ante a visualización de seis cadáveres embalsamados: o colibrí vermello (amor), o azul (ansiedade), o amarelo (fracaso), o branco (morte), o carne (fealdade), o negro (desexo de vivir). Os colibrís, malia seren paxaros mortos, manteñen a súa beleza, semellan ter sido retidos no mesmo instante da morte.

Con este traballo dou un paso máis na miña liña de creación. Gran parte da miña obra é confesional, chegando a traballar coas confesións doutras persoas. En A maxia do colibrí, a artista é a médium.”

- Mónica Alonso.

Páginas: 158
Encuadernación: Tapa blanda con sobrecubierta
Formato: 14 x 21 cm
Textos: Galego